GALEGO CASTELLANO
Página de inicioInicio Mapa webMapa Web ContactoContacto

Enfoque Metodolóxico

O enfoque metodolóxico deste Observatorio debe pasar por un entramado de información útil para a toma de decisións. O modelo de análise ten que ser sinxelo, pero o mesmo tempo o suficíntemente extensivo para analizalas principais características do sector turismo.

Seguindo os tres aspectos indicados anteriormente na limitación sectorial, a metodoloxía se estructurará en ditos aspectos:

  • Análise da demanda.

Dende o punto de vista da demanda é necesario captar, coñecer, estructurar e fidelizar ó perfil que actuará como cliente. Para elo, é necesario analizalos seguintes bloques de traballo:

  • Coñecelo cliente antes da venda; é dicir, coñecer cales son os criterios de decisión que o cliente aporta para decidir unha oferta (hábitos, motivos,…).
  • Analizala venda; é dicir, cómo, cando e con qué características ten lugar o concepto de turismo (características da estancia, nivel de gasto,..).
  • Analizala postvenda; é dicir, análise do grado de satisfación do turista, xa que un elevado grado de satisfación permitirá: fideliza ó turista e/ou facer que este exerza de prescriptor dese destino turístico.
  • Análise da oferta.

Neste sentido, é necesario coñecer se existe unha oferta e unha infraestructura adecuada para conseguilos obxetivos.

Os elementos a analizar máis importantes dentro da oferta son:

  • Situación e capacidade: analizalo nivel de oferta existente, a súa capacidade, a súa flexibilidade,…
  • Calificación; é dicir, o grao de capacitación dos recursos humanos.
  • Nivel de actividade; é dicir, coñecelo nivel de ocupación e o de actividade que teñen os distintos establecementos que compoñen a oferta.
  • Percepción do entorno.

A percepción do entorno permite ver en qué medida a actividade turística se percibe socialmente coma un soporte relevante dende o punto de vista económico.

Para realizar este análise deberá estudiarse as siguientes cuestiones:

  • Elementos dinamizadores da oferta; é dicir, o efecto que pode supor a identificación de novas oportunidades de negocio, o que favorece a creación de actividades que complementen e diversifiquen a oferta.
  • Percepción da demanda turística: análise da percepción da poboación local da importancia que a actividade turística pode ter dende o punto de vista económico.
  • Orientación cara a demanda turística: percepción xeral de ofrecer unha estancia agradable ós potenciais clientes.
      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
Lugar de Bos, Naves O Carballal nº4 15640
Guisamo, Bergondo (A Coruña) ESPAÑA
Tlf. 981 784 704, Fax. 981 784 721
info@amcoruna.com
Consorcio As Mariñas Fondo Europeo de Desarrollo Regional
Asociación provincial de empresarios de hosteler�í de A Coruña Ministerio de industria,turismo y comercio Concello de A Corunña Xunta de Galicia. Consellería de turismo e cultura
Accesibilidade Aviso Legal